Avisos

Novo blog da biblioteca da EOI de Lugo

Despois de varios anos de intensa actividade, a Rochoteca quedou sen espazo neste recuncho da Rede e ten que mudarse a outra dirección para seguir creando comunidade. Durante o curso 2023-2024 estaremos informando sobre a actualidade da biblioteca da EOI de Lugo no sitio web biblioteca.eoilugo.gal. Este será o noso novo espazo de encontro coa… Seguir lendo Novo blog da biblioteca da EOI de Lugo

Día de... · Exposicións

Día das Escritoras ✍🏻

Dende o ano 2016 celebramos o Día das Escritoras o luns máis próximo ao 15 de outubro, festividade de Teresa de Jesús, co obxectivo de poñer en valor o labor e o legado das mulleres escritoras ao longo da historia. Nesta VIII Edición celebrada hoxe, 16 de outubro, o tema escollido é “o pracer, a alegría e a risa das… Seguir lendo Día das Escritoras ✍🏻

Concursos · Micro - Relatos

Concurso de Microrrelatos Arrepiantes VI

“Where there is no imagination there is no horror.” “Onde non hai imaxinación non hai terror.” Sir Arthur Conan Doyle Así é: unha poderosa ferramenta para evadirnos da realidade ou para revelarnos outras dimensións dela. A imaxinación pode acougarnos ou ben, previrnos do peligro. Non hai unha chave máis mestra ca ela. Nas nosas mentes… Seguir lendo Concurso de Microrrelatos Arrepiantes VI

Día de...

No Día Internacional da Tradución, algunhas reflexións

No contexto español actual, coa introdución das linguas cooficiais no Congreso dos Diputados en Madrid e o uso dos dispositivos eletrónicos e intérpretes para a comprensión das intervencións dos seus membros, o concepto de tradución acaba de entrar nun contexto político que xera polémica na sociedade. Ultimamente todo tende a bipolarizar e enfrentar os membros… Seguir lendo No Día Internacional da Tradución, algunhas reflexións

Concursos

Gañadora das recensións orais da “Cata de libros” 🏆📚

Hoxe puidemos facerlle entrega a María Alvariño Castro, alumna de That’s English, do seu premio por enviar unha recensión oral dentro da actividade “Cata de libros”. Tiñamos pensado facer un sorteo entre todxs xs participantes que enviasen recensións orais, pero ela foi a única alumna que a enviou neste formato, así que é a máis… Seguir lendo Gañadora das recensións orais da “Cata de libros” 🏆📚

Alfabetización informática · Colaboracións · Obradoiros · Voluntariado

Grazas ao voluntariado 🫶🏻

Este ano tivemos a sorte de contar na biblioteca cun gran número de voluntarios e voluntarias que levaron a cabo un estupendo labor: facendo labores de xestión; dinamizando os nosos recursos e actividades, levando incluso libros fóra da biblioteca para promover o préstamo; contribuíndo á alfabetización mediática e informacional ou mesmo creando comunidades de aprendizaxe,… Seguir lendo Grazas ao voluntariado 🫶🏻

Club de lectura: Ratos de Rochoteca · Profesorado

Remata o Club de lectura do profesorado e persoal non docente 📚

O pasado xoves 1 de xuño xs integrantes do Club de lectura do profesorado e persoal non docente reunímonos por derradeira vez este curso para falar do libro “Novela de xadrez”, de Stefan Zweig. Outra agradable xuntanza na que aparte de cear moi ben, alimentamos o espírito coas nosas reflexións sobre esta interesante novela. Agora… Seguir lendo Remata o Club de lectura do profesorado e persoal non docente 📚

Concursos

Cita a cegas 2022-23: Houbo frechazo? 💘

Non queremos despedir o curso sen compartir, un ano máis, as vosas impresións sobre as citas a cegas que tivestes cos libros da biblioteca. Houbo frechazos, boas sensacións e mesmo reencontros. Nalgúns casos non era o libro que buscabades, pero iso non quita que si o poida ser para outras persoas. En todo caso, é… Seguir lendo Cita a cegas 2022-23: Houbo frechazo? 💘

Colaboracións

Encontro coa Universidade de Letras e Ciencias Humanas de Susa (Túnez)

Esta foto inmortaliza o primeiro encontro co departamento de francés da EOI de Lugo, dunha delegación da Universidade de Letras e Ciencias Humanas de Susa (Túnez) no día de onte, 25 de maio. O departamento de francés transmite o seu agradecemento a Martázul Busto, profesora de francés na USC e alumna da escola pola organización… Seguir lendo Encontro coa Universidade de Letras e Ciencias Humanas de Susa (Túnez)