Alemán · Club de lectura: Ratos de Rochoteca · Inglés · Italiano

Clubs de lectura das últimas semanas 📸📖

O curso está chegando á súa fin e, con moito pesar, os clubs de lectura tamén. Aquí vos deixamos algunhas fotos como lembranza das sesións que tivemos estas últimas semanas. Algúns departamentos aínda teñen previstas máis xuntanzas. Comprobade o calendario para ver as sesións do mes de maio. Que gocedes, sempre, da lectura! 😊📚

Club de lectura: Ratos de Rochoteca · Inglés

Última sesión do Club de lectura de inglés (B2.2-C2) 📚☕️

Todo o bo chega ao seu fin… Esta tarde ás 20:00 teremos a última sesión do Club de lectura de inglés para os niveis B2.2- C2. Foi un pracer adentrarnos no mundo de Annie, Duncan e Tucker Crowe, os protagonistas da novela ‘Juliet, naked’, de Nick Hornby. Sen dúbida, botarémolos de menos… Nós mesmas nos… Seguir lendo Última sesión do Club de lectura de inglés (B2.2-C2) 📚☕️

Alemán · Club de lectura: Ratos de Rochoteca · Francés · Galego · Inglés · Italiano

Lembranzas dos clubs de lectura 🎞📚

Rematamos o mes de febreiro e comezamos o de marzo cunha morea de clubs de lectura nas distintas linguas e non nos cansamos de salientar os beneficios destes: a parte de mellorar a nosa comprensión lectora e adquirir máis vocabulario, practicamos as nosas destrezas orais e perdemos o medo a falar en público. Lemos máis… Seguir lendo Lembranzas dos clubs de lectura 🎞📚

Club de lectura: Ratos de Rochoteca · Inglés

Nova sesión do Club de lectura de inglés (niveis B2.2-C2) 🇬🇧📖🎸

Non esquezades que este mércores 1 de marzo ás 20:00 terá lugar na biblioteca a terceira sesión do club de lectura de inglés sobre o libro ‘Juliet, naked’, de Nick Hornby. Seguiremos descubrindo e comentando a historia de Annie, Duncan e Tucker. Non vos perdades esta cita! Que gocedes da lectura e da boa música!… Seguir lendo Nova sesión do Club de lectura de inglés (niveis B2.2-C2) 🇬🇧📖🎸

Club de lectura: Ratos de Rochoteca · Inglés

Club de lectura de inglés – A2&B1

O próximo 1 de marzo comezamos co club de lectura de inglés dos niveis A2 e B1 📚 Nesta primeira sesión, comentaremos o primeiro conto do libro Stories for the Curious: ‘Whistle and I’ll Come to you, My Lad!’ Se estás interesado/a en participar, pásate pola biblioteca da EOI a coller o teu exemplar! 👻  Happy… Seguir lendo Club de lectura de inglés – A2&B1

Club de lectura: Ratos de Rochoteca · Inglés

Nova sesión do Club de lectura de inglés (B2.2-C2) 📚🇬🇧

Recordade tamén que o vindeiro mércores 18 de xaneiro ás 20:00 terá lugar na biblioteca a segunda sesión do Club de lectura de inglés sobre o libro Juliet, naked, de Nick Hornby, dirixido aos niveis B2.2-C2. Para ese día debedes traer lidos dos capítulo 2 ao 7. Que gocedes da lectura! ☺️☕️ Agardámosvos.