Colaboracións · Poesía · Radio Rochoteca · Voluntariado

World Poetry Day (podcast)🎙

No Día da Poesía, Loida Rodríguez, alumna de inglés e voluntaria na biblioteca da escola, gravou este podcast para todxs xs amantes da poesía e tamén para espertar a curiosidade daqueles que aínda non descubriron este xénero. Moitas grazas pola túa aportación a Radio Rochoteca, Loida. 😊 Que gocedes do podcast! 📻☺️

Nadal · Radio Rochoteca

Let it Snow! Let it Snow! 🎶🎵🎄🎅🏼☃️

Están a piques de comezar as vacacións de Nadal e que mellor forma de facelo que escoitando música!  Temos a sorte de poder compartir na Radio Rochoteca unha canción versionada por un alumno de C1.1 de inglés da nosa EOI!  Pica na imaxe para escoitar a versión da canción Let it Snow! Let it Snow! de 1945 interpretada por Joe… Seguir lendo Let it Snow! Let it Snow! 🎶🎵🎄🎅🏼☃️

Concursos · Micro - Relatos · Radio Rochoteca

Concurso de Microrrelatos Arrepiantes V

“Hell is empty, And all the devils are here”. “O inferno está baleiro, E todos os demos están aquí.” William Shakespeare, ‘The Tempest’, Act 1, Scene 2. Están máis preto do que pensas. Atoparalos na escuridade da noite… e no feixe de luz dunha porta entreaberta. No arrepío dun salouco… e no delirio dunha gargallada.… Seguir lendo Concurso de Microrrelatos Arrepiantes V

Radio Rochoteca

Radio Rochoteca levanta áncoras 🐭📻⚓️🛳

Se o ano pasado aprendemos a surfear nas ondas, este ano queremos volver ao mar e tomar velocidade de cruceiro. Apetéceche formar parte de Radio Rochoteca? Non o penses máis e pásate pola biblioteca ou envíanos un correo a eoi.lugo.biblioteca@edu.xunta.gal Poñerémoste en contacto con outras persoas que estean interesadas en formar un equipo e teredes… Seguir lendo Radio Rochoteca levanta áncoras 🐭📻⚓️🛳

Radio Rochoteca

Teatro nas Ondas co Departamento de Francés 🎭🎙📻

O Departamento de Francés clausura a súa participación no PDI sobre a Radio con dous estupendos podcasts: ➡️Unha entrevista do alumnado de francés do grupo B2.1.2 aos actores e actrices da compañía Totum Revolutum, da EOI de Ponferrada, que representaron para nós a súa xenial obra de teatro multilingüe, “Tango que volver”, o pasado 11… Seguir lendo Teatro nas Ondas co Departamento de Francés 🎭🎙📻

Concursos · Radio Rochoteca

Gañadora do concurso “A Radio das Boas Novas” 🎙🏆

Temos o pracer de anunciarvos o nome da gañadora do primeiro concurso organizado pola Radio Rochoteca: “A Radio das Boas Novas“. A nosa gañadora é Lola, alumna de C1 de galego! Parabéns, Lola!!! Grazas á túa magnífica nova gañaches unha bolsa de tela da biblioteca da EOI de Lugo, cun deseño exclusivo de Névia Lamas,… Seguir lendo Gañadora do concurso “A Radio das Boas Novas” 🎙🏆

Concursos · Radio Rochoteca

Boas Novas? 💫 Radio Rochoteca é a túa radio 📻🐭

Desexando escoitar ou compartir unha boa nova? Nós tamén, así que mesmo se esa noticia soñada aínda non se deu, podes ila imaxinando. E por que non? Depois tamén podes redactala e difundila por medio da nosa radio, queremos escoitar o ben que soaría! Non agardes máis e participa no noso concurso, A Radio das… Seguir lendo Boas Novas? 💫 Radio Rochoteca é a túa radio 📻🐭

Colaboracións · Radio Rochoteca

Aprendendo a surfear 📻📡🏄‍♂️🏄🏼‍♀️

O pasado mércores 27 de abril tivemos a sorte de coller as nosas táboas e aventurarnos nas ondas da radio da man de Félix Jorquera, un gran profesional do xornalismo radiofónico que nos animou case dende o minuto un a perderlle o medo ao micro. Tanto é así que non só elaboramos unha cuña publicitaria… Seguir lendo Aprendendo a surfear 📻📡🏄‍♂️🏄🏼‍♀️

Club de lectura: Ratos de Rochoteca · Francés · Radio Rochoteca

Novos podcasts sobre “La Leçon” en Radio Rochoteca 🎭📖🎙

O Departamento de Francés volve ás ondas da escola para adentrarnos na obra de teatro “La Leçon”, de Eugène Ionesco, obra que escolleron para o seu club de lectura deste ano. Premede en cada un dos pósters para escoitar información sobre os personaxes e o contexto histórico, a entrevista aos actores e actrices e as… Seguir lendo Novos podcasts sobre “La Leçon” en Radio Rochoteca 🎭📖🎙