Alemán · Club de lectura: Ratos de Rochoteca · Italiano

Ata pronto, clubs de lectura! 👋📖

A semana pasada outros dous clubs de lectura tiveron a súa última sesión do curso 22-23: o club do lectura do departamento de alemán e o do departamento de italiano. Ámbolos dous tiveron moi boa aceptación e uns/unhas fieis participantes que, sen dúbida, gozaron moito das xuntanzas mensuais. Seguimos clausurando un ano cheo de boas… Seguir lendo Ata pronto, clubs de lectura! 👋📖

Alemán · Club de lectura: Ratos de Rochoteca · Inglés · Italiano

Clubs de lectura das últimas semanas 📸📖

O curso está chegando á súa fin e, con moito pesar, os clubs de lectura tamén. Aquí vos deixamos algunhas fotos como lembranza das sesións que tivemos estas últimas semanas. Algúns departamentos aínda teñen previstas máis xuntanzas. Comprobade o calendario para ver as sesións do mes de maio. Que gocedes, sempre, da lectura! 😊📚

Club de lectura: Ratos de Rochoteca · Italiano

Última sesión do Club de lectura de italiano 📖🇮🇹

O luns 15 de maio ás 17:00 reúnese de novo na nosa biblioteca o Club de Lectura do Departamento de Italiano, nun encontro no que se falará do libro “Lady Montagu e il dragomanno” de Maria Teresa Giaveri. «Un esperimento praticato da donne ignoranti». Così, nella Londra del 1721, viene accolta la proposta, avanzata da una dama elegantissima e intraprendente,… Seguir lendo Última sesión do Club de lectura de italiano 📖🇮🇹

Club de lectura: Ratos de Rochoteca · Italiano

Nova sesión do Club de lectura de italiano 📚🇮🇹

Recordade que hoxe luns 17 de abril ás 17:00, , terá lugar na biblioteca unha nova sesión do Club de lectura de italiano, nesta ocasión sobre o libro “La disciplina di Penelope“, de Gianrico Carofiglio, dirixido aos niveis B2-C1. Non faltedes! Que gocedes da lectura! 😊☕️📖

Club de lectura: Ratos de Rochoteca · Italiano

Nova sesión do Club de lectura de italiano 📖🇮🇹

O luns 17 de abril ás 17:00 volve reunirse na nosa biblioteca o Club de Lectura do Departamento de Italiano, nun encontro no que se falará do libro “La disciplina di Penelope”, do afamado escritor de novela negra Gianrico Carofiglio. Penelope si sveglia nella casa di uno sconosciuto, dopo l’ennesima notte sprecata. Va via silenziosa e solitaria, attraverso le strade livide dell’autunno milanese. Faceva… Seguir lendo Nova sesión do Club de lectura de italiano 📖🇮🇹

Alemán · Club de lectura: Ratos de Rochoteca · Francés · Galego · Inglés · Italiano

Lembranzas dos clubs de lectura 🎞📚

Rematamos o mes de febreiro e comezamos o de marzo cunha morea de clubs de lectura nas distintas linguas e non nos cansamos de salientar os beneficios destes: a parte de mellorar a nosa comprensión lectora e adquirir máis vocabulario, practicamos as nosas destrezas orais e perdemos o medo a falar en público. Lemos máis… Seguir lendo Lembranzas dos clubs de lectura 🎞📚

Club de lectura: Ratos de Rochoteca · Italiano

Nova sesión do Club de lectura de italiano 🇮🇹📚

O luns 6 de marzo ás 17:00 a nosa biblioteca acollerá unha nova sesión do Club de Lectura do Departamento de Italiano na que se falará do libro “Il rinomato catalogo Walker&Dawn”, grazas ao cal Davide Morosinotto foi vencedor do prestixioso Premio Super Andersen. Louisiana, 1904 Te Trois, Eddie, Tit e Julie non potrebbero essere più diversi, e neppure più amici.… Seguir lendo Nova sesión do Club de lectura de italiano 🇮🇹📚

Club de lectura: Ratos de Rochoteca · Italiano

Nova sesión do Club de lectura de italiano 🇮🇹📖

Tamén este luns 16 de xaneiro, pero ás 17:00, terá lugar na biblioteca unha nova sesión do Club de lectura de italiano. Nesta ocasión, sobre o libro Il diario geniale della signorina Shibata, de Emi Yagi. Está dirixido ao nivel B2. Agardámosvos! Que gocedes da lectura! ☺️☕️

Alemán · Club de lectura: Ratos de Rochoteca · Francés · Inglés · Italiano · Profesorado

En breve… seguimos cos clubs de lectura! ⛵️📚

A piques de rematar o ano, queremos agradecervos a vosa participación nas actividades da biblioteca e en particular, nos clubs de lectura, que tanto ben nos fan. Velaquí tedes algúns dos bos momentos compartidos nas distintas sesións deste curso. Se aínda non participastes, animámosvos a que vos unades no 2023. Podedes consultar aquí o calendario… Seguir lendo En breve… seguimos cos clubs de lectura! ⛵️📚