Alemán · Club de lectura: Ratos de Rochoteca · Italiano

Ata pronto, clubs de lectura! 👋📖

A semana pasada outros dous clubs de lectura tiveron a súa última sesión do curso 22-23: o club do lectura do departamento de alemán e o do departamento de italiano. Ámbolos dous tiveron moi boa aceptación e uns/unhas fieis participantes que, sen dúbida, gozaron moito das xuntanzas mensuais. Seguimos clausurando un ano cheo de boas… Seguir lendo Ata pronto, clubs de lectura! 👋📖

Alemán · Club de lectura: Ratos de Rochoteca · Inglés · Italiano

Clubs de lectura das últimas semanas 📸📖

O curso está chegando á súa fin e, con moito pesar, os clubs de lectura tamén. Aquí vos deixamos algunhas fotos como lembranza das sesións que tivemos estas últimas semanas. Algúns departamentos aínda teñen previstas máis xuntanzas. Comprobade o calendario para ver as sesións do mes de maio. Que gocedes, sempre, da lectura! 😊📚

Alemán · Club de lectura: Ratos de Rochoteca · Francés · Profesorado

Clubs de lectura das últimas dúas semanas 📚

Estás últimas dúas semanas seguimos coa celebración de máis clubs de lectura. Aquí temos un pequeno recordo dalgúns deles. (Nunca é demasiado tarde para unirvos! 😉) Recordade que podedes comprobar as datas das sesións nas redes sociais da escola, no apartado “Calendario do club de lectura 2022-23” do noso blog e no taboleiro que se… Seguir lendo Clubs de lectura das últimas dúas semanas 📚

Alemán · Club de lectura: Ratos de Rochoteca · Francés · Galego · Inglés · Italiano

Lembranzas dos clubs de lectura 🎞📚

Rematamos o mes de febreiro e comezamos o de marzo cunha morea de clubs de lectura nas distintas linguas e non nos cansamos de salientar os beneficios destes: a parte de mellorar a nosa comprensión lectora e adquirir máis vocabulario, practicamos as nosas destrezas orais e perdemos o medo a falar en público. Lemos máis… Seguir lendo Lembranzas dos clubs de lectura 🎞📚

Alemán · Club de lectura: Ratos de Rochoteca

Nova sesión do Club de lectura de alemán 🇩🇪📚

Lembrade que este luns día 16 de xaneiro ás 20:00 teremos unha nova sesión do Club de lectura de alemán na biblioteca. Está dirixido aos niveis B e C e trata sobre unha selección de textos de Rafik Schami, Yoko Tawada e Wladimir Kaminer. Non faltedes! Que gocedes da lectura. 😊📖

Alemán · Club de lectura: Ratos de Rochoteca

Cambio na sesión do Club de lectura de alemán 🇩🇪⚠️

Comezamos o 2023 retomando os clubs de lectura. Lembrade que a sesión do Club de lectura de alemán prevista para este luns 9 de xaneiro, pasa ao luns 16 de xaneiro ás 20:00 na biblioteca. As sesións xiran en torno a unha selección de textos de Rafik Schami, Yoko Tawada e Wladimir Kaminer (niveis B-C). Agardámosvos!… Seguir lendo Cambio na sesión do Club de lectura de alemán 🇩🇪⚠️

Alemán · Club de lectura: Ratos de Rochoteca · Francés · Inglés · Italiano · Profesorado

En breve… seguimos cos clubs de lectura! ⛵️📚

A piques de rematar o ano, queremos agradecervos a vosa participación nas actividades da biblioteca e en particular, nos clubs de lectura, que tanto ben nos fan. Velaquí tedes algúns dos bos momentos compartidos nas distintas sesións deste curso. Se aínda non participastes, animámosvos a que vos unades no 2023. Podedes consultar aquí o calendario… Seguir lendo En breve… seguimos cos clubs de lectura! ⛵️📚

Alemán · Club de lectura: Ratos de Rochoteca

Nova sesión do Club de lectura de alemán 🇩🇪📖

Lembrade que o vindeiro luns día 12 de decembro ás 20:00, terá lugar unha nova sesión do Club de lectura de alemán na biblioteca. Está dirixido aos niveis B e C e xira en torno a unha selección de textos de Rafik Schami, Yoko Tawada e Wladimir Kaminer. Apuntádeo na vosa axenda! Que gocedes da lectura!… Seguir lendo Nova sesión do Club de lectura de alemán 🇩🇪📖