PROXECTO DA BIBLIOTECA: 2015-16

DSC_0317

Este curso 2015-2016, a biblioteca realizou unha programación conxunta co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, coa idea de unir esforzos, implicar máis profesorado e alumnado nas actividades do centro. Aproveitando que o Día das Letras Galegas estaba dedicado a unha figura tan próxima como a de Manuel María, deseñamos o proxecto Voces para Manuel María, escritores irmáns. Por primeira vez, conseguimos a implicación de toda a comunidade escolar nun proxecto interdepartamental.

Deixamos aquí a memoria do proxecto e unha mostra dos traballos que se realizaron:

Memoria

Vídeos

Materiais en PDF