Avisos

Novo blog da biblioteca da EOI de Lugo

Despois de varios anos de intensa actividade, a Rochoteca quedou sen espazo neste recuncho da Rede e ten que mudarse a outra dirección para seguir creando comunidade. Durante o curso 2023-2024 estaremos informando sobre a actualidade da biblioteca da EOI de Lugo no sitio web biblioteca.eoilugo.gal. Este será o noso novo espazo de encontro coa… Seguir lendo Novo blog da biblioteca da EOI de Lugo

Día de... · Exposicións

Día das Escritoras ✍🏻

Dende o ano 2016 celebramos o Día das Escritoras o luns máis próximo ao 15 de outubro, festividade de Teresa de Jesús, co obxectivo de poñer en valor o labor e o legado das mulleres escritoras ao longo da historia. Nesta VIII Edición celebrada hoxe, 16 de outubro, o tema escollido é “o pracer, a alegría e a risa das… Seguir lendo Día das Escritoras ✍🏻

Concursos · Micro - Relatos

Concurso de Microrrelatos Arrepiantes VI

“Where there is no imagination there is no horror.” “Onde non hai imaxinación non hai terror.” Sir Arthur Conan Doyle Así é: unha poderosa ferramenta para evadirnos da realidade ou para revelarnos outras dimensións dela. A imaxinación pode acougarnos ou ben, previrnos do peligro. Non hai unha chave máis mestra ca ela. Nas nosas mentes… Seguir lendo Concurso de Microrrelatos Arrepiantes VI

Día de...

No Día Internacional da Tradución, algunhas reflexións

No contexto español actual, coa introdución das linguas cooficiais no Congreso dos Diputados en Madrid e o uso dos dispositivos eletrónicos e intérpretes para a comprensión das intervencións dos seus membros, o concepto de tradución acaba de entrar nun contexto político que xera polémica na sociedade. Ultimamente todo tende a bipolarizar e enfrentar os membros… Seguir lendo No Día Internacional da Tradución, algunhas reflexións

Concursos

Gañadora das recensións orais da “Cata de libros” 🏆📚

Hoxe puidemos facerlle entrega a María Alvariño Castro, alumna de That’s English, do seu premio por enviar unha recensión oral dentro da actividade “Cata de libros”. Tiñamos pensado facer un sorteo entre todxs xs participantes que enviasen recensións orais, pero ela foi a única alumna que a enviou neste formato, así que é a máis… Seguir lendo Gañadora das recensións orais da “Cata de libros” 🏆📚

Alfabetización informática · Colaboracións · Obradoiros · Voluntariado

Grazas ao voluntariado 🫶🏻

Este ano tivemos a sorte de contar na biblioteca cun gran número de voluntarios e voluntarias que levaron a cabo un estupendo labor: facendo labores de xestión; dinamizando os nosos recursos e actividades, levando incluso libros fóra da biblioteca para promover o préstamo; contribuíndo á alfabetización mediática e informacional ou mesmo creando comunidades de aprendizaxe,… Seguir lendo Grazas ao voluntariado 🫶🏻

Club de lectura: Ratos de Rochoteca · Profesorado

Remata o Club de lectura do profesorado e persoal non docente 📚

O pasado xoves 1 de xuño xs integrantes do Club de lectura do profesorado e persoal non docente reunímonos por derradeira vez este curso para falar do libro “Novela de xadrez”, de Stefan Zweig. Outra agradable xuntanza na que aparte de cear moi ben, alimentamos o espírito coas nosas reflexións sobre esta interesante novela. Agora… Seguir lendo Remata o Club de lectura do profesorado e persoal non docente 📚

Concursos

Cita a cegas 2022-23: Houbo frechazo? 💘

Non queremos despedir o curso sen compartir, un ano máis, as vosas impresións sobre as citas a cegas que tivestes cos libros da biblioteca. Houbo frechazos, boas sensacións e mesmo reencontros. Nalgúns casos non era o libro que buscabades, pero iso non quita que si o poida ser para outras persoas. En todo caso, é… Seguir lendo Cita a cegas 2022-23: Houbo frechazo? 💘

Colaboracións

Encontro coa Universidade de Letras e Ciencias Humanas de Susa (Túnez)

Esta foto inmortaliza o primeiro encontro co departamento de francés da EOI de Lugo, dunha delegación da Universidade de Letras e Ciencias Humanas de Susa (Túnez) no día de onte, 25 de maio. O departamento de francés transmite o seu agradecemento a Martázul Busto, profesora de francés na USC e alumna da escola pola organización… Seguir lendo Encontro coa Universidade de Letras e Ciencias Humanas de Susa (Túnez)

Alemán · Club de lectura: Ratos de Rochoteca · Italiano

Ata pronto, clubs de lectura! 👋📖

A semana pasada outros dous clubs de lectura tiveron a súa última sesión do curso 22-23: o club do lectura do departamento de alemán e o do departamento de italiano. Ámbolos dous tiveron moi boa aceptación e uns/unhas fieis participantes que, sen dúbida, gozaron moito das xuntanzas mensuais. Seguimos clausurando un ano cheo de boas… Seguir lendo Ata pronto, clubs de lectura! 👋📖

Club de lectura: Ratos de Rochoteca · Francés

Xuntanza do Club de lectura de francés (nivel C)

O pasado venres 12 de maio, xs participantes do club de lectura de francés do nivel C reuníronse unha vez máis para clausurar o seu club ao redor dunha boa cea e gozando da agradable compaña. Aproveitaron, ademais, para planear o club de lectura do ano que ven, decidindo os libros que van ler: Le… Seguir lendo Xuntanza do Club de lectura de francés (nivel C)

Día de... · Exposicións

Día Internacional dos Museos

O 18 de maio celebrase o Día Internacional dos Museos, cuxo obxectivo é facernos reflexionar sobre a importancia destes espazos como forma de enriquecemento e de intercambio entre diferentes culturas.  Co gallo da celebración do Día da Muller, a Biblioteca, xunto cos compañeirxs da EOI de Ferrol e grazas á colaboración do alumnado, realizou un… Seguir lendo Día Internacional dos Museos

Club de lectura: Ratos de Rochoteca · Galego · Roteiros

As pegadas de Leo Caldas 🔎👣

O pasado sábado 6 de maio emprendimos unha viaxe. Incluía Vigo e Nigrán, pero tamén moito máis que lugares físicos. Fixemos o roteiro baseado na novela “A Praia dos Afogados”, de Domingo Villar, e aínda que deixamos Lugo coa néboa e a choiva propias dunha novela negra que se precie, en canto chegamos a Vigo… Seguir lendo As pegadas de Leo Caldas 🔎👣

Avisos

A biblioteca pecha… pero volveremos axiña! 😉

Este venres 19 de maio rematan as clases e tamén será o último día de apertura da biblioteca. Aínda podedes levar material prestado ese día e dispoñer del 15 días máis, momento no que o teredes que devolver depositándoo no baúl que atoparedes fóra da biblioteca. Así, o 2 de xuño será o derradeiro día… Seguir lendo A biblioteca pecha… pero volveremos axiña! 😉

Día de... · Exposicións

Día das Letras Galegas

Como cada ano, o 17 de maio celebramos o día das nosas letras. Este ano está dedicado a Francisco Fernández del Riego (Vilanova de Lourenzá, 1913 – Vigo, 2010). Segundo publicou a RAG, acordouse homenaxear precisamente en 2023 a Fernández del Riego  porque este 17 de maio coincide coa celebración do 60 aniversario do primeiro Día… Seguir lendo Día das Letras Galegas

Colaboracións · Obradoiros

Do pensamento, do sentimento, á palabra escrita ⚡️💜✍🏻

O pasado mércores 10 de maio tivemos a sorte de contar coa colaboración de Alexandra Cabana Outeiro na biblioteca para falarmos da escrita creativa. Profesora de historia e ávida lectora, Alexandra herdou non só o seu amor polos libros da súa familia, senón tamén o talento literario. Amosounos o seu magnífico blog, http://www.alexghalpon.com, onde mestura… Seguir lendo Do pensamento, do sentimento, á palabra escrita ⚡️💜✍🏻

Día de... · Exposicións

Exposición sobre o Día das Letras Galegas 📖✍🏻

Xa só falta unha semana para celebrar o día máis grande da nosa literatura: o Día das Letras Galegas, dedicado, este ano, a Francisco Fernández del Riego, fundador da editorial Galaxia. Nós xa nos estivemos preparando desde a semana pasada, así que temos todo a punto para a gran celebración. Vide á biblioteca e descubride… Seguir lendo Exposición sobre o Día das Letras Galegas 📖✍🏻

Chinés · Club de lectura: Ratos de Rochoteca

Derradeira sesión do club de lectura de chinés deste curso 2022-2023

Este martes 9 de maio, de 18:30 a 19:30 horas, terá lugar a terceira e última sesión do club de lectura de chinés deste curso 2022-2023, que xira arredor da novela gráfica Unha vida chinesa, do ilustrador chinés Li Kunwu (李昆武) e o escritor francés Philippe Ötie. Na biblioteca da EOI de Lugo temos libros… Seguir lendo Derradeira sesión do club de lectura de chinés deste curso 2022-2023

Colaboracións · Obradoiros

Escribir a biblioteca escolar ✍🏻📚

Este foi o lema das bibliotecas escolares de Galicia durante o presente curso escolar. E para contribuír a escribir a nosa, este mércores 10 de maio ás 20:00, Alexandra Cabana Outeiro guiaranos no proceso de aprender a escribir de forma creativa; de pasar ‘Do pensamento, do sentimento, á palabra escrita’. Se estades interesadxs en participar,… Seguir lendo Escribir a biblioteca escolar ✍🏻📚

Concursos

Unha semana de degustacións literarias 🍽📚

A semana pasada a nosa biblioteca converteuse nun restaurante moi especial onde puidemos degustar as delicias literarias da nosa biblioteca. Seguindo as pautas dos menús, traducidos ás correspondentes linguas, e cun acolledor lume de fondo, puidestes catar as diferentes propostas dos chefs da biblioteca. Unha vez escollido o libro ou libros que más vos chamaron… Seguir lendo Unha semana de degustacións literarias 🍽📚

Día de...

Día Mundial da Liberdade de Prensa

O 3 de maio está marcado no calendario como o Día Mundial da Liberdade de Prensa. É unha oportunidade para avaliar a situación dos medios de comunicación no mundo, render homenaxe aos profesionais da información que perderon a vida no cumprimento do seu deber e lembrarlles aos gobernos e ás corporacións que concentran o poder… Seguir lendo Día Mundial da Liberdade de Prensa

Colaboracións · Obradoiros

Obradoiro de escrita creativa ✍🏻

Como actividade para pechar o curso e celebrar o Día das Letras Galegas, o vindeiro mércores 10 de maio ás 20:00 teremos un obradoiro de escrita creativa na biblioteca. Titulado Do pensamento, do sentimento á palabra escrita, será impartido por Alexandra Cabana Outeiro, que nos falará da importancia da escrita na súa vida e das… Seguir lendo Obradoiro de escrita creativa ✍🏻

Alemán · Club de lectura: Ratos de Rochoteca · Inglés · Italiano

Clubs de lectura das últimas semanas 📸📖

O curso está chegando á súa fin e, con moito pesar, os clubs de lectura tamén. Aquí vos deixamos algunhas fotos como lembranza das sesións que tivemos estas últimas semanas. Algúns departamentos aínda teñen previstas máis xuntanzas. Comprobade o calendario para ver as sesións do mes de maio. Que gocedes, sempre, da lectura! 😊📚

Club de lectura: Ratos de Rochoteca · Galego · Roteiros

Última oportunidade para inscribirse no roteiro 🌊👣

Dentro de menos dun mes cumprirase un ano do pasamento do gran escritor Domingo Villar, e como sabedes, este ano escollemos nun dos nosos clubs de lectura a súa enigmática novela, “A Praia dos Afogados”, para renderlle homenaxe e gozar de novo mergullándonos no mundo do Inspector Leo Caldas. Ademais, o vindeiro 6 de maio,… Seguir lendo Última oportunidade para inscribirse no roteiro 🌊👣

Club de lectura: Ratos de Rochoteca · Italiano

Última sesión do Club de lectura de italiano 📖🇮🇹

O luns 15 de maio ás 17:00 reúnese de novo na nosa biblioteca o Club de Lectura do Departamento de Italiano, nun encontro no que se falará do libro “Lady Montagu e il dragomanno” de Maria Teresa Giaveri. «Un esperimento praticato da donne ignoranti». Così, nella Londra del 1721, viene accolta la proposta, avanzata da una dama elegantissima e intraprendente,… Seguir lendo Última sesión do Club de lectura de italiano 📖🇮🇹

Concursos

Cata de libros na biblioteca: servímoschos en bandexa 📚🍽

Achégase o Día do Libro e algo se coce na biblioteca. De feito, levamos toda a semana cociñando a lume lento para que a semana que ven poidades degustar as nosas mellores especialidades literarias en todas as linguas. Xa temos os manteis, os cubertos, os menús… Só nos faltan xs comensais! Pedídedelle á vosa profesora… Seguir lendo Cata de libros na biblioteca: servímoschos en bandexa 📚🍽

Colaboracións · mercado solidario

As sinerxías do mercado solidario 📚🤝

Onte fixo unha semana que inauguramos o noso mercado solidario na biblioteca, coa participación de representantes das tres organizacións coas que colaboramos este ano: Accem, que traballa en prol das persoas en situación de vulnerabilidade; Alucem, que se centra nas persoas afectadas pola esclerose múltiple e Down Lugo, que se ocupa das persoas con síndrome… Seguir lendo As sinerxías do mercado solidario 📚🤝

Concursos · Día de...

Escape room de adiviñas para festexar o Día do Libro 📚🕵🏻

Para celebrarmos o Día do Libro a Biblioteca creou un escape room virtual ao que podedes acceder na seguinte ligazón: Escape room da EOI de Lugo Todas as persoas que descubran o código que se agocha ao final do escape recibirán un pequeno agasallo. Se conseguides o código, pasádevos pola biblioteca para canxealo. Ademais, as… Seguir lendo Escape room de adiviñas para festexar o Día do Libro 📚🕵🏻

Club de lectura: Ratos de Rochoteca · Francés

Lembranza da última sesión do Club de lectura de francés (nivel avanzado) 📖🇫🇷

Tivemos o gusto de contar coa presenza de Amal, una chica marroquí, afincada en Lugo dende o 2007, que soubo integrarse á sociedade galega e española, ata o punto de ser hoxe cidadá española. Amal compartiu con mestría a súa visión de Maruecos a través dos ollos dunha adolescente, antes da súa chegada a España,… Seguir lendo Lembranza da última sesión do Club de lectura de francés (nivel avanzado) 📖🇫🇷

Club de lectura: Ratos de Rochoteca · Italiano

Nova sesión do Club de lectura de italiano 📚🇮🇹

Recordade que hoxe luns 17 de abril ás 17:00, , terá lugar na biblioteca unha nova sesión do Club de lectura de italiano, nesta ocasión sobre o libro “La disciplina di Penelope“, de Gianrico Carofiglio, dirixido aos niveis B2-C1. Non faltedes! Que gocedes da lectura! 😊☕️📖

Roteiros

Roteiro sobre “A praia dos afogados” 👣🌊

Lembrade que segue aberta a inscrición para o roteiro baseado no libro “A praia dos afogados”, de Domingo Villar, ata o venres 28 de abril. O sábado 6 de maio percorreremos os recunchos que transitou o inspector Caldas en Nigrán e faremos tamén parada en Vigo. É gratuíto para o alumnado da escola e para… Seguir lendo Roteiro sobre “A praia dos afogados” 👣🌊

Colaboracións · mercado solidario

Inauguración Mercado Solidario 📚💿🤝

Recordade que aínda que o noso mercado solidario xa está en funcionamento dende o martes, hoxe ás 17:00 será inaugurado oficialmente na biblioteca coa presentación que realizarán varios membros das tres asociacións coas que colaboramos este ano: Accem, Alucem e Down Lugo. Falarannos do espléndido traballo que realizan en prol das persoas en risco de… Seguir lendo Inauguración Mercado Solidario 📚💿🤝

Club de lectura: Ratos de Rochoteca · Inglés

Última sesión do Club de lectura de inglés (B2.2-C2) 📚☕️

Todo o bo chega ao seu fin… Esta tarde ás 20:00 teremos a última sesión do Club de lectura de inglés para os niveis B2.2- C2. Foi un pracer adentrarnos no mundo de Annie, Duncan e Tucker Crowe, os protagonistas da novela ‘Juliet, naked’, de Nick Hornby. Sen dúbida, botarémolos de menos… Nós mesmas nos… Seguir lendo Última sesión do Club de lectura de inglés (B2.2-C2) 📚☕️

Concursos · Día de...

Concurso Día do Libro 📚🤔😃

Para celebrar o Día do Libro imos organizar un escape room de adiviñas. Para iso necesitamos a vosa axuda. A idea é que enviedes ao correo da biblioteca (eoi.lugo.biblioteca@edu.xunta.gal) o título dun libro que che guste acompañado dunhas emoticonas que permitan descubrir de que libro se trata. Por exemplo: La casa de los espíritus, de Isabel Allende  Los… Seguir lendo Concurso Día do Libro 📚🤔😃

Club de lectura: Ratos de Rochoteca · Galego

📣 Cambio na data do Club de lectura de galego (A2) 📖

Atención! ⚠️ A sesión do club de lectura de galego (nivel A2) sobre o libro “Oito días sen Eva Cortés”, de Sara Vila Alonso, prevista para este mércores 12, pasa ao vindeiro mércores 18 de abril á mesma hora, de 18:00 a 19:00. Aínda estades a tempo de ler o libro e unirvos á sesión.… Seguir lendo 📣 Cambio na data do Club de lectura de galego (A2) 📖

mercado solidario

Inauguración do Mercado Solidario 📚💿🤝

Mañá martes 11 de abril comezará o Mercado Solidario na biblioteca, no que poderedes atopar libros, CDs e DVDs liberados da nosa biblioteca ou doados polo alumnado, profesorado ou asociacións. Atoparédelos nos estantes centrais da biblioteca, onde adoitamos colocar as novidades e as recomendacións. Coma o ano pasado, veredes que levan unha pegatina de distintas… Seguir lendo Inauguración do Mercado Solidario 📚💿🤝

Día de... · Exposicións

International Children’s Book Day

Is there something wrong with me? I simply can’t get my head around this sudden trend of mutilating the works by some of my favourite authors! I grew up reading Roald Dahl’s children’s stories. When I was in 4th grade we even performed Charlie and the Chocolate Factory. How could our teacher get away with not changing… Seguir lendo International Children’s Book Day