Avisos

Novo blog da biblioteca da EOI de Lugo

Despois de varios anos de intensa actividade, a Rochoteca quedou sen espazo neste recuncho da Rede e ten que mudarse a outra dirección para seguir creando comunidade. Durante o curso 2023-2024 estaremos informando sobre a actualidade da biblioteca da EOI de Lugo no sitio web biblioteca.eoilugo.gal. Este será o noso novo espazo de encontro coa comunidade educativa. Iremos decorándoo e enchéndoo de contido pasiño a pasiño.

Deixar un comentario