O pasado 15 de novembro reunímonos na biblioteca para a primeira sesión do club de lectura do libro Odette Toulemonde et autres histoires de Eric-Emmanuel Schmitt. Estivemos a falar das dúas primeiras historias, “Wanda Winninpeg” e “C’est un beau jour de pluie”. As dúas con protagonistas femininas que nos fixeron pensar sobre a felicidade da rutina diaria. Tamén vimos unha entrevista do autor que podedes consultar na seguinte ligazón
Se non puidestes vir, aínda estades a tempo para as seguintes sesións, xa que se trata de relatos diferentes e non vos sentiredes perdid@s.
Anotade a próxima data:
o 20 de decembro, xoves, ás 16h ata as 17h30.
Falaremos das historias “L’intruse” e “Le faux”. Non esquezades traer unha foto da vosa nenez (no teléfono ou en papel).
Vémonos na Biblioteca!