Día de...

24 de febreiro. Día de Rosalía de Castro

CartelBaseAELGDia-de-RosaliaDeCastro2016_001

Desde o profundo da voz e co seu canto radical e solidario, Rosalía de Castro mobiliza a nosa conciencia colectiva, galega e universal. A obra de Rosalía, adiantada ao seu tempo, fala tamén para a mocidade do século XXI: adáptase, camaleónica, a todos os soportes e medios de difusión tecnolóxica, en papel ou dixitais.(AELG)

Dende a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega(AELG)chega a proposta MOBILIZA ROSALÍA.

banner

Envío masivo e simultáneo dun verso de Rosalía desde os terminais móbiles do alumnado e do profesorado dos centros, baixo a etiqueta #mobilizarosalía. O verso, do poema IV de Cantares gallegos (parte da estrofa 13) é o seguinte:

              Trocando en sonrisas / queixiñas e choros

Que se enviaría través das redes sociais, en calquera das súas múltiples aplicacións e formatos, acompañado dunha imaxe alusiva a Rosalía.

A Biblioteca anima a participar a toda a comunidade educativa. Suxerimos enviar as mensaxes durante os últimos 10 minutos de cada período lectivo.

Imaxes liberadas

Outras actividades en Lugo

Deixar un comentario