Día de... · Exposicións

Arriba o pano!

27 de marzo, Día Mundial do Teatro Hoxe, 27 de marzo, celébrase o Día Mundial do Teatro, unha data que ten como obxectivo pór en valor a mensaxe cultural das artes escénicas e a súa capacidade para transformar o mundo. Celebrouse por primeira vez en 1962  e desde entón os centros ITI, conmemoran este día.… Seguir lendo Arriba o pano!

Exposicións

Terror na biblioteca 🦇📚

Unha produción do equipo de biblioteca para o alumnado e profesorado da EOI de Lugo. A selección de libros, filmes e fenómenos paranormais máis arrepiantes que ousases imaxinar, feita co noso criterio máis terrorífico. Xa dispoñible na mesa do fondo da biblioteca… se realmente queres achegarte a ela. Neste Samaín, non quedes sen a túa… Seguir lendo Terror na biblioteca 🦇📚

Día de...

DÍA DA LIBERDADE DE PRENSA

No ano 1993 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o 3 de maio como o Día Mundial da Libertade de Prensa. A xornada ten, entre os seus principais obxectivos, celebrar a liberdade de expresión nos medios de comunicación; lembrar e reivindicar os principios fundamentais da liberdade de prensa e realizar unha homenaxe a todas… Seguir lendo DÍA DA LIBERDADE DE PRENSA

Exposicións

Exposición sobre a Visibilidade Trans 🏳️‍⚧️⚧

O pasado día 31 de marzo celebramos o Día da Visibilidade Trans coa proxección do filme “Ich bin Anastasia” e a inauguración da nosa exposición de materiais relacionados con este tema na biblioteca. Ademais, a coordinación de igualdade organizou unha magnífica exposición de pósters no primeiro andar da escola, en colaboración coa Asociación Arelas, constituída… Seguir lendo Exposición sobre a Visibilidade Trans 🏳️‍⚧️⚧

Día de... · Exposicións

Exposición 8M: Día Internacional da Muller 2022

A partir de hoxe, ven á biblioteca e bótalle unha ollada á nosa exposición do 8M. Unha vez máis, seleccionamos algunhas das obras, (non hai espazo suficiente nos estantes), que consideramos máis relevantes, entre as escritas por mulleres ou sobre mulleres. Sen dúbida, unha das nosas exposicións preferidas do ano. Tanto se xa as coñeces,… Seguir lendo Exposición 8M: Día Internacional da Muller 2022

Día de... · Exposicións

Día da Educación e Día da Non Violencia e a Paz 📚🕊

O pasado 24 de xaneiro celebramos o Día Internacional da Educación e o vindeiro día 30 deste mes celebraremos o Día Internacional da Non Violencia e a Paz. Tal e como cita a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, no seu artigo 26: “A educación terá por obxecto o pleno desenvolvemento da personalidade humana e o… Seguir lendo Día da Educación e Día da Non Violencia e a Paz 📚🕊

Exposicións · Mes da ciencia en galego nas bibliotecas

Novembro: Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas 🔬⚗️🔭

Xa estamos en novembro e aínda que sexamos unha escola de idiomas, un ano máis queremos celebrar o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, celebración impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. Este ano o manifesto escollido para salientar a importancia da ciencia en galego… Seguir lendo Novembro: Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas 🔬⚗️🔭

Poesía

Aquela nena de Sarria, Xela Arias 👧🏻

Onte a tarde tivemos o honor de contar coa presenza do escritor, xornalista e promotor cultural lucense Xulio Xiz, presidente do colectivo Egeria, que veu presentar a magnífica exposición Aquela nena de Sarria, un entrañable percorrido polas raíces sarriás e a faceta máis rural de Xela Arias. Ademáis, esta mostra é unha fermosa homenaxe á… Seguir lendo Aquela nena de Sarria, Xela Arias 👧🏻