Día de... · Exposicións

Día das Escritoras ✍🏻

Dende o ano 2016 celebramos o Día das Escritoras o luns máis próximo ao 15 de outubro, festividade de Teresa de Jesús, co obxectivo de poñer en valor o labor e o legado das mulleres escritoras ao longo da historia. Nesta VIII Edición celebrada hoxe, 16 de outubro, o tema escollido é “o pracer, a alegría e a risa das… Seguir lendo Día das Escritoras ✍🏻

Concursos · Micro - Relatos

Concurso de Microrrelatos Arrepiantes VI

“Where there is no imagination there is no horror.” “Onde non hai imaxinación non hai terror.” Sir Arthur Conan Doyle Así é: unha poderosa ferramenta para evadirnos da realidade ou para revelarnos outras dimensións dela. A imaxinación pode acougarnos ou ben, previrnos do peligro. Non hai unha chave máis mestra ca ela. Nas nosas mentes… Seguir lendo Concurso de Microrrelatos Arrepiantes VI

Concursos

Gañadora das recensións orais da “Cata de libros” 🏆📚

Hoxe puidemos facerlle entrega a María Alvariño Castro, alumna de That’s English, do seu premio por enviar unha recensión oral dentro da actividade “Cata de libros”. Tiñamos pensado facer un sorteo entre todxs xs participantes que enviasen recensións orais, pero ela foi a única alumna que a enviou neste formato, así que é a máis… Seguir lendo Gañadora das recensións orais da “Cata de libros” 🏆📚

Alfabetización informática · Colaboracións · Obradoiros · Voluntariado

Grazas ao voluntariado 🫶🏻

Este ano tivemos a sorte de contar na biblioteca cun gran número de voluntarios e voluntarias que levaron a cabo un estupendo labor: facendo labores de xestión; dinamizando os nosos recursos e actividades, levando incluso libros fóra da biblioteca para promover o préstamo; contribuíndo á alfabetización mediática e informacional ou mesmo creando comunidades de aprendizaxe,… Seguir lendo Grazas ao voluntariado 🫶🏻

Club de lectura: Ratos de Rochoteca · Profesorado

Remata o Club de lectura do profesorado e persoal non docente 📚

O pasado xoves 1 de xuño xs integrantes do Club de lectura do profesorado e persoal non docente reunímonos por derradeira vez este curso para falar do libro “Novela de xadrez”, de Stefan Zweig. Outra agradable xuntanza na que aparte de cear moi ben, alimentamos o espírito coas nosas reflexións sobre esta interesante novela. Agora… Seguir lendo Remata o Club de lectura do profesorado e persoal non docente 📚

Concursos

Cita a cegas 2022-23: Houbo frechazo? 💘

Non queremos despedir o curso sen compartir, un ano máis, as vosas impresións sobre as citas a cegas que tivestes cos libros da biblioteca. Houbo frechazos, boas sensacións e mesmo reencontros. Nalgúns casos non era o libro que buscabades, pero iso non quita que si o poida ser para outras persoas. En todo caso, é… Seguir lendo Cita a cegas 2022-23: Houbo frechazo? 💘

Colaboracións

Encontro coa Universidade de Letras e Ciencias Humanas de Susa (Túnez)

Esta foto inmortaliza o primeiro encontro co departamento de francés da EOI de Lugo, dunha delegación da Universidade de Letras e Ciencias Humanas de Susa (Túnez) no día de onte, 25 de maio. O departamento de francés transmite o seu agradecemento a Martázul Busto, profesora de francés na USC e alumna da escola pola organización… Seguir lendo Encontro coa Universidade de Letras e Ciencias Humanas de Susa (Túnez)

Alemán · Club de lectura: Ratos de Rochoteca · Italiano

Ata pronto, clubs de lectura! 👋📖

A semana pasada outros dous clubs de lectura tiveron a súa última sesión do curso 22-23: o club do lectura do departamento de alemán e o do departamento de italiano. Ámbolos dous tiveron moi boa aceptación e uns/unhas fieis participantes que, sen dúbida, gozaron moito das xuntanzas mensuais. Seguimos clausurando un ano cheo de boas… Seguir lendo Ata pronto, clubs de lectura! 👋📖

Club de lectura: Ratos de Rochoteca · Francés

Xuntanza do Club de lectura de francés (nivel C)

O pasado venres 12 de maio, xs participantes do club de lectura de francés do nivel C reuníronse unha vez máis para clausurar o seu club ao redor dunha boa cea e gozando da agradable compaña. Aproveitaron, ademais, para planear o club de lectura do ano que ven, decidindo os libros que van ler: Le… Seguir lendo Xuntanza do Club de lectura de francés (nivel C)