Concursos

Cita a cegas 2022-23: Houbo frechazo? 💘

Non queremos despedir o curso sen compartir, un ano máis, as vosas impresións sobre as citas a cegas que tivestes cos libros da biblioteca. Houbo frechazos, boas sensacións e mesmo reencontros. Nalgúns casos non era o libro que buscabades, pero iso non quita que si o poida ser para outras persoas. En todo caso, é… Seguir lendo Cita a cegas 2022-23: Houbo frechazo? 💘

Chinés · Club de lectura: Ratos de Rochoteca

Derradeira sesión do club de lectura de chinés deste curso 2022-2023

Este martes 9 de maio, de 18:30 a 19:30 horas, terá lugar a terceira e última sesión do club de lectura de chinés deste curso 2022-2023, que xira arredor da novela gráfica Unha vida chinesa, do ilustrador chinés Li Kunwu (李昆武) e o escritor francés Philippe Ötie. Na biblioteca da EOI de Lugo temos libros… Seguir lendo Derradeira sesión do club de lectura de chinés deste curso 2022-2023

Concursos

Unha semana de degustacións literarias 🍽📚

A semana pasada a nosa biblioteca converteuse nun restaurante moi especial onde puidemos degustar as delicias literarias da nosa biblioteca. Seguindo as pautas dos menús, traducidos ás correspondentes linguas, e cun acolledor lume de fondo, puidestes catar as diferentes propostas dos chefs da biblioteca. Unha vez escollido o libro ou libros que más vos chamaron… Seguir lendo Unha semana de degustacións literarias 🍽📚

Concursos

Cata de libros na biblioteca: servímoschos en bandexa 📚🍽

Achégase o Día do Libro e algo se coce na biblioteca. De feito, levamos toda a semana cociñando a lume lento para que a semana que ven poidades degustar as nosas mellores especialidades literarias en todas as linguas. Xa temos os manteis, os cubertos, os menús… Só nos faltan xs comensais! Pedídedelle á vosa profesora… Seguir lendo Cata de libros na biblioteca: servímoschos en bandexa 📚🍽

Chinés · Club de lectura: Ratos de Rochoteca

Segunda sesión do club de lectura de chinés

O 28 de marzo terá lugar a segunda sesión do club de lectura de chinés, arredor da novela gráfica de Li Kunwu (李昆武) A Chinese life / Une vie chinoise / Una vita cinese, escrita en colaboración co diplomático francés Philippe Ötie e publicada en Francia en 2012. Esta obra está estruturada en tres partes,… Seguir lendo Segunda sesión do club de lectura de chinés