Biblioteca · EDL · Exposicións · Galego

Roteiro. O Ferrol das Irmandades da Fala

O vindeiro 17 de decembro ás 11:30 os Equipos de Dinamización Lingüística e da Biblioteca da EOI de Lugo organizan un roteiro pola cidade de Ferrol para celebrar o centenario do nacemento das Irmandades da Fala. Visitaremos a exposición conmemorativa e coñeceremos, da man do guía e experto en interpretación do patrimonio Marcos Abalde, algúns… Continue reading Roteiro. O Ferrol das Irmandades da Fala

Biblioteca · EDL · Galego

Irmandades da Fala

Toda normativa é precedida por un proceso previo que implica elevar a fala ao status de lingua. Nas Irmandades da Fala, nacidas espontaneamente nos inicios do século pasado no contexto da influencia nacionalista europea, houbo un profundo debate sobre este aspecto. O historiador Tiago Peres Gonçalves explicará nunha conferencia en que estado encontraron as Irmandades… Continue reading Irmandades da Fala

Biblioteca · EDL · Galego · Uncategorized

Roteiro Literario con Fran P. Lorenzo. 21 de maio

Cartaz Cabalos e lobos

Recórdao ti e recórdallelo aos outros… Esa obriga, expresada nun verso do poema 1936 de Luis Cernuda, é a que alenta o percorrido titulado Memoria, política e cidade. O Vigo de Cabalos e lobos. O roteiro ten no seu epicentro o edificio de Gran Vía, 2, auténtico protagonista da novela Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo, Premio Blanco Amor 2014. A visita, que atravesa os lugares desa ficción pero que tamén pretende dialogar coa magoada memoria da cidade e dos seus espazos perdidos, partirá da Privada Moderna, unha singular rúa, moi preto do Calvario, no vello límite do concello de Vigo e Lavadores. Desde aí, en menos de dez minutos, e cun alto previo no muro de Vía Norte, chegarémonos a Gran Vía, 2, o fogar da familia Beckmann, os protagonistas de Cabalos e lobos, cabo da cicatriz invisíbel do Scalextric. O arquitecto dese edificio, Francisco Castro Represas, e a súa obra racionalista serán tamén algúns dos fitos deste paseo que atravesa por entre vellos cafés que non existen xa, refuxios antiaéreos, teatros pantasma, cinematógrafos, polas rúas Urzaiz, con parada no vello Derby, a entrada de Príncipe, Colón, Cine Fraga, a vella redacción do Faro de Vigo, Policarpo Sanz (Cable Inglés, Café Colón), Casa Sanchón, a Porta do Sol no horizonte, o Teatro García Barbón, o Teatro Rosalía, Marqués de Valladares, a Alameda (Editorial Galaxia) e As Avenidas, cabo do Bar Comercio,  o Navy Bar de Manuel Antonio. Alí fronte ao Náutico e ao pé da Estación Marítima, fronteira do alén, remata o roteiro de Cabalos e lobos.