Xa só falta unha semana para celebrar o día máis grande da nosa literatura: o Día das Letras Galegas, dedicado, este ano, a Francisco Fernández del Riego, fundador da editorial Galaxia. Nós xa nos estivemos preparando desde a semana pasada, así que temos todo a punto para a gran celebración. Vide á biblioteca e descubride moito máis sobre este gran persoeiro, e por suposto, sobre xs demais autores e autoras que foron homenaxeadxs en anos anteriores.
Agardámosvos! 😊

