Colaboracións · Concursos · EDL

Lemas ganadores do concurso “Etiquetar en Galego 2019”

Como deben lembrar, no pasado curso académico o EDL, Equipo de Dinamización Lingüística da EOI de Lugo, argallaba o “Concurso crea un slogan para etiquetar en galego 2019”, actividade que foi a que lle seguiu à exposición creada con etiquetas de produtos etiquetados en galego, montada ainda hoxe no andar de baixo da nosa escola:

Pois ben, nese concurso foron escollidos como gañadores 3 lemas como os mellores para o fomento da etiquetaxe en galego dos produtos do noso dia a dia; aqueles que encontramos no supermercado, na praza, nos locais de costume do noso comercio de proximidade, etc. Isto é, o que acontecería normalmente en calquera lugar do mundo mundial, atoparmos nas tendas ao noso redor as cousas nomeadas, etiquetadas e vendidas na nosa lingua.

Con eses lemas foron creados uns autocolantes moi xeitosos:

E eses adhesivos decoran tamén agora uns sacos de papel para levares contigo ás compras:

Se es unha persoa aluna da EOI non dubides en pasar pola biblio a conseguir o teu saco!
Van de presente por conta do EDL da EOI de Lugo!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s