Concursos

Concurso do Día da Muller

Cartaz concurso do Día da Muller

CONCURSO “MARZO, CON M DE MULLER”

Está a chegar o 8 de marzo, o Día da Muller, e este ano desde  a Biblioteca queremos que nos axudedes a darlle maior difusión e protagonismo a esta conmemoración que continúa a ser extremamente necesaria. Se tamén o pensas ti, entón  participa no noso concurso ‘Marzo con M de Muller’. Deixámoste un resumo das bases a continuación, pero podes consultar a súa versión completa aquí:

  • Poden participar todos os alumnos que estean matriculados na Escola en calquera lingua ou modalidade de ensino.
  • Hai dúas categorías de participación:

a) Deseño dun cartel, aberta ao alumnado dos niveis Básico A1e A2, Intermedio B1 e CELGA 2. Crea un cartel dixital cun lema alusivo, en formato vertical  DIN-A3 e envíao en formato .jpg  e .pdf.

b) Composición dun manifesto, para o alumnado dos niveis Intermedio B2, Avanzado C1 e C2, CELGA3 e CELGA 4. Escribe un manifesto reivindicativo de entre 250 e 280 palabras en calquera das linguas impartidas na EOI e envíao en formato .doc ( ou .odt ) e .pdf.

  • Envía tamén a tradución ao galego do lema do cartel ou do manifesto para que todas e todos poidamos entendelo.
  • Conserva unha copia editable do cartel ou do manifesto, por se for necesario facer algunha modificación.
  • Tanto o cartel coma o manifesto deberán ter como obxectivo o fomento da igualdade de xénero e a promoción da igualdade e a non discriminación e han de ser orixinais, inéditos e libres de dereitos de autor.
  • Podes enviar a túa obra cos teus datos e un pseudónimo ata o 3 de marzo a eoilugo.biblioteca@gmail.com.

En marzo entregaremos nun acto, que se anunciará no blog Ratos de Rochoteca,  un premio ao gañador de cada categoría e daremos tamén un pequeno agasallo a todos os participantes.

Non agardes máis…Comeza a escribir ou a deseñar! A inspiración cóllenos case sempre cando xa estamos traballando 😉

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s