Uncategorized

II Concurso de Micro-Relatos arrepiantes.

Xa temos hora e data para a lectura e entrega de premios dos micro relatos! Será o martes 30 de outubro ás 20.45 na biblioteca!!

Tedes ata ese día para escribir os vosos micro relatos.

Advertisements

7 thoughts on “II Concurso de Micro-Relatos arrepiantes.

  1. Suddenly I woke up. It was dark all around me. I felt frozen. No sounds, no feelings around me. I tried to put my hands on the floor in order to get up but they did not find anything where to stand. Desperately I looked for the light switch but nothing to touch was there…A nightmarish feeling of anxiety was running through my being and I attempted to run but I could not go anywhere…And it was at that precise moment that I realized I was dead!.

    De súpeto esperteime. Estaba escuro ao meu redor. Sentínme xeado. Non habia sons nen sensacións ao meu redor. Tentei poñer as miñas mans no chan para erguerme, pero non atopraron
    nada onde apoiarse. Desesperadamente, busquei o interruptor da luz, pero non había nada que tocar. Un arrepiante sentimento de ansiedade embargou todo o meu ser. Tentei correr, pero non puiden ir a ningures … E foi nese intre que me decatei… Eu estaba morto!

  2. O seu berro desacougado fendeu o escuro silencio da noite naquela rúa bretemosa. Tremendo notaba a poderosa man que afogaba o seu peito e lle facía perder a vida, paseniñamente… E despois aquel case doce asubío, aquela sensación do líquido mesto agromando e, por fin, nada, xa máis nada….

  3. Por que demo non responde ninguén ao outro lado do botón de urxencia? Non aturo quedar outro día máis encerrada nesta abafante caixa! Tiña tantos plans para esta longa ponte de agosto… e agora só podo pensar en que serei lembrada como a rapaza que apareceu no ascensor.

  4. A idea de viaxar a Grecia encandeoume decontado e non dubidei en mercar un boleto para a rifa. E tocoume!

    Así que aterrei, bulín até unha das praias máis paradisíacas da illa.

    Adormecín coa airexa e, ao acordar, vinme envolta nunha arañeira xigante que cobre toda a paisaxe. Non dou…

  5. Por que demo non responde ninguén ao outro lado do botón de urxencia? Non aturo quedar outro día máis encerrada nesta abafante caixa! Tiña tantos plans para esta longa ponte de agosto… e agora só podo pensar en que serei lembrada como a rapaza que apareceu no ascensor.

  6. Eva Chinés 1
    Dispóñome para abrilo e sinto como a folla afiada dunha daga, dispárase dende o interior deste obxecto ilustrado ata o centro da miña man, atravesándoa. O sangue que pinga, enchendo a profundidade dos grabados, debuxa unhas palabras. Badaladas. A luz tintinea. Música de gramola. Murmurios de nenos.Oscuridade…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s