Biblioteca EOI de Lugo · Bibliotecas Escolares · club de lectura · Ratos de rochoteca

COMEZAMOS COS CLUBS DE LECTURA

Preparados para comezar cos clubs de lectura? Estudes a lingua que estudes, temos un club para ti:

Clubs de lectura

O primeiro en comezar é o de alemán co libro Nullzeit, escrito por Juli Zeh,

01. Nullzeit

e temos a sesión de presentación este mesmo xoves, 25 de outubro ás 20.00. Non levache prestado o libro? Non esperes máis, ven buscar un exemplar!

09. Odette Toulemonde

Continuamos co club de francés o xoves, 15 de novembro ás 16.00. O libro elixido é Odette Toulemonde et autres histories. Hai que levar lidas dúas historias, así que non o deixes para o final!

03. New Yorkers
Como novidade este ano imos facer un club para o alumnado de A2 e B1 de inglés, e ademais faremos unha sesión pola mañá e outra pola tarde. Non nos falledes! O libro que imos ler é New Yorkers, de O. Henry, e na primeira sesión falaremos das dúas primeiras historias. Os días elixidos son: o mércores, 21 de novembro ás 19.00 e para os da sesión de mañá o venres, 23 de novembro ás 12:00. Máis adiante tamén leremos The Catcher in the Rye, de J. D. Salinger, recomendado para o alumnado de B2, e Alias Grace, de Margaret Atwood, neste caso recomendado para o alumnado de C1/C2. Xa vos informaremos.

06. Placebo

A seguinte sesión será o martes, 27 de novembro ás 18.00 e será a primeira sesión do club de galego, no que haberá un encontro con Santiago Jaureguizar, autor do libro escollido: Placebo. Xa temos exemplares na biblioteca.

gomorra
Outra novidade! Temos club de lectura de italiano, grazas a unha alumna voluntaria. O libro escollido é Gomorra, escrito por Roberto Saviano. Aínda non temos os libros, están en camiño! En canto os teñamos, avisámosvos. O que xa temos é data: o martes, 11 de decembro ás 17.00.

10. Cisnes salvajes

O último club de lectura da escola será o de chinés e comezará o mércores, 19 de decembro ás 18.00. O libro elixido é Cisnes salvaxes, escrito por Jung Chang, e poderedes lelo en galego, inglés ou italiano. Non hai escusas!

Ademais, como en anos anteriores, seguimos a colaborar co club de portugués Tuga-Lugo-Lendo. Haberá lecturas e conversas literarias dende novembro ata maio.

Sexas da lingua que sexas, escolle un club… e a ler!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s