Biblioteca · Traducións

Día Internacional da Tradución

Día da tradución_30.09.18Onte, 30 de setembro, foi o Día Internacional da Tradución, pero non pensedes que por ser domingo, na EOI non o lembramos! Ademais, hoxe abrimos as nosas portas por primeira vez neste curso escolar, así que animádevos a vir á biblioteca e escollede un libro que sexa unha tradución.

Sabedes que na nosa biblioteca todos os idiomas contan cunha sección chamada “Tradución”. Se non atopas a da lingua que estás a estudar, pregúntanos! Estaremos encantados de axudarte! E se non atopas o libro que queres levar, recorda que temos unha caixiña laranxa sobre a mesa da entrada na que podes introducir a túa desiderata.

E recorda! Deixa nesta entrada un comentario contándonos que libro traducido levas a casa para festexar o día da tradución.

Sección Traducciones.jpg

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s