Concursos · EDL · Francés · Mes do ...

Novembre : le mois du français

Chers, chères élèves,

comme vous le savez, dans notre école, chaque mois est dédié à une langue.

Et c’est tout au long de ce mois-ci, mois de novembre, que nous fêterons la langue française. Pour cela, nous vous offrirons diverses activités qui, nous l’espérons, seront de votre gré.

Querid@s alumn@scomo ben sabedes, na nosa escola, cada mes está dedicado a un idioma. E ao longo deste mes de novembro, festexaremos a lingua francesa. Para iso, ofreceremosvos varias actividades que, así o esperamos, serán do voso agrado.

 

novembre.png

 

E para comezar, eis o primeiro xogo: o xogo das pistas.

Trátase de descubrir que personaxe (home ou muller) se agocha detrás das pistas que iredes descubrindo cada semana (2 por semana), pistas que serán publicadas nos taboleiros situados na entrada da escola e no blog do departemento de francés: Une fenêtre sur le français.

Como participar?

Moi simple. Mirade as pistas e cando pensades ter descuberto o personaxe, enviádenos un correo electrónico ao enderezo

dpt.franceslugo@gmail.com

indicándonos os vosos apelidos e nomes así coma a vosa resposta. Teredes que darnos non só o nome do personaxe senón tamén explicarnos a relación das distintas pistas con este.

ATENCIÓN: só unha resposta por pista e por participante.

Haberá premio para o/a gañador/a.

E agora, participade!

Se non sabedes francés, tamén podedes participar en galego. Velaquí as dúas primeiras pistas:

Pista nº1

carte-ile-reunion

Pista nº2

carte-mediterranee.png

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s