Biblioteca · Día de...

25 deNovembro. Día internacional contra a violencia de xénero

12299196_774543662654445_2699695456650648092_n

 

O 25 de novembro foi declarado Día Internacional contra a Violencia de Xénero no Primeiro Encontro Feminista de Latinoamérica e do Caribe, celebrado en Bogotá (Colombia) en xullo de 1981.
Nese encontro as mulleres denunciaron a violencia de xénero a nivel doméstico, así como a violación e o acoso sexual a nivel de estados, incluíndo a tortura e os abusos sufridos polas prisioneiras políticas.
Elixiuse o 25 de novembro para commemorar a  morte violenta  das irmás Mirabal (Patria, Minerva e María Teresa), tres activistas políticas que foron asasinadas o 25 de novembro de 1960 pola policía secreta do ditador Rafael Trujillo na República Dominicana.
Patria Mercedes Mirabal,  Minerva Argentina Mirabal e Antonia María Teresa Mirabal  opuxéronse á ditadura de Leónidas Trujillo e formaron un grupo de oposición ao réxime, coñecido como a Agrupación Política 14 de Xuño. Elas dentro deste grupo recibían o nome de “Las mariposas”. Foron encarceradas e torturadas en varias ocasións e aínda así continuaron coa súa loita. Trujillo decidiu asasinalas e o 25 de novembro de 1960 enviou un comando militar para que as interceptase cando volvían de visitar os seus maridos na cadea. As irmás, indefensas, foron levadas a unhas plantacións de cana e alí apuñaláronas e estranguláronas. Unha vez mortas, subíronaso
No 25 de novembro réndeselles homenaxe a estas tres irmás como exemplo de mulleres comprometidas coas loitas do pobo. En 1999 a ONU deu carácter oficial a esta data.
En 1995, a escritora Julia Álvarez publicou a novela En el Tiempo de las Mariposas, unha obra que conta a vida das irmás Mirabal. O texto foi levado ao cine no ano 2001 nun filme dirixido polo director español Mariano Barroso.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s