Concursos

V CONCURSO DE LEMAS. “25 de novembro: Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres”

V CONCURSO DE LEMAS
“25 de novembro: Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres”
OBXECTIVO DO CONCURSO: Transmitir a través de mensaxes curtas a importancia da educación en igualdade e da necesidade da eliminación da violencia contra as mulleres.
BASES:
1) Cada participante pode enviar ata un máximo de 5 lemas.
2) Cada participante proporalle á organización os lemas que elixiu enviando unha mensaxe de correo electrónico a cim@burela.org, co asunto “V Concurso de lemas “25 de novembro: Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres”, no que incluirá o seu nome completo, o seu número de teléfono, unha dirección de correo electrónico á que se poida responder.
3) O lema debe constar de sete palabras como máximo.
4) O lema debe ser o suficientemente significativo e estar relacionado co tema proposto.
5) Entre todos os lemas enviados escollerase un, que será o que distinga a celebración do “Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres do ano 2016.
6) O xurado do concurso pode declarar deserto o mesmo.
7) O prazo de entrega rematará o 20 de novembro de 2015. O lema gañador darase a coñecer no acto público que terá lugar o luns 25 de novembro no Auditorio da Casa da Cultura.
8) A persoa gañadora accederá a que a organización recoñeza públicamente a autoría do lema e divulgue o seu nome. Conservará os dereitos intelectuais sobre o lema, pero renunciará a reclamar cualquera tipo de compensación pola utilización do lema e por tempo indefinido en cualquera mención presente ou futura por parte do Concello de Burela.
9) A participación neste concurso implica a aceptación de todas as bases.

Concello de Burela
Concellaría de Servizos Sociais,
Muller e Igualdade
Centro de Información ás Mulleres

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s