Concursos · Día de...

IX EDICIÓN DO CONCURSO DE MICRORRELATOS “25 de novembro: Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres”

IX EDICIÓN DO CONCURSO DE MICRORRELATOS
“25 de novembro: Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres”
BASES:
1.- Establécense dúas categorías para os participantes.
1ª.- Menores de 18 anos.
2ª.- De 18 anos en diante.
2.- A temática dos microrrelatos deberá axustarse ao lema proposto.
3.- Os traballos presentaranse en tamaño A4, cunha extensión máxima de medio folio, preferiblemente en Times New Roman tamaño 12, en lingua galega según a normativa vixente .
4.- Todos os traballos que se presenten serán inéditos e non presentados en anteriores concursos.
5.- Os criterios de valoración para elixir os microrrelatos premiados serán o contido e tratamento do tema, orixinalidade, expresión e presentación en xeral.
6.- Os orixinais presentados quedarán en poder do CIM do Concello de Burela, que se reserva o dereito da súa publicación, exposición, doazón… ou calquera outro tratamento posterior, sempre sen ánimo de lucro.
7.- Dos microrrelatos presentados, un xurado composto por persoas do mundo da cultura e das letras, do Concello e do CIM decidirá cales son as dúas persoas gañadoras. Os premios consistirán en :
– 75€, na categoría de menores de 18 anos.
– 150€, na categoría de maiores de 18 anos.
8.- Os microrrelatos, asinados cun pseudónimo, deberán entregarse antes do día 20 de novembro no CIM do Concello de Burela, R/ Eijo Garay, 20. Deberán ir nun sobre ao que se adxuntará outro pechado no que figurarán os datos da persoa autora do micorrelato.
9.- Os premios daranse a coñecer no acto público que para comemorar o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero terá lugar o mércores, 25 de novembro, no Auditorio da Casa da Cultura. Os gañadores deberán de estar presentes no acto de entrega dos premios.
10.- A participación neste concurso supón a aceptación de todas as súas bases.

Concello de Burela
Concellaría de Servizos Sociais,
Muller e Igualdade.
Centro de Información ás Mulleres

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s